Directores/as
Ollo de vidrio

Xavier Villaverde homenaxeado no Festival de Cans

O vindeiro venres 22 de maio, o realizador Xavier Villaverde recibirá unha homenaxe no Festival de Cans, onde se lle entregará o Premio Pedigree pola súa traxectoria.
Neste mesmo festival farase unha retrospectiva pola súa creación experimental, na que se poderán ver as pezas:

PÁNICO EN LAS FAKLAND / 1983/ 2 min./ Clip para Radio Océano
VENENO PURO / 1984 / 28 min./ Videocreación
VIUDA GÓMEZ/ 1985/ 10 min. / Clip para o grupo ViudaGómez
GOLPE DE LÁTIGO/ 1986/ 7 min. /Videocreación
ALICIA EN GALICIA CANÍBAL/ 1987/ 5 min./Clip cos Resentidos

Xavier Villaverde desenvolveu unha importante labor creativa dende os anos oitenta, no ámbito da videocreación o videoclip e a publicidade, sendo un dos creadores de referencia no vídeo de creación nos 80 de Galicia. Dirixindo traballos tan trascendentáis neste período como Viuda Gómez ou Galicia Canibal.

Na actualidade Xavier traballa nunha nova longametraxe “O Sexo dos Anxos”.

Máis información sobre Xavier Villaverde:
Xavier Villaverde en CREA
Xavier Villaverde na Axencia audiovisual Galega

Interacciones del lector

Deixa unha resposta