Directores/as
Ollo de vidrio

Xacio Baño e Juan Galiñanes premiados na XI Edición de Cans

O pasádo sábado clausurouse a XI edición do Festival de Cans no cal a Asociación de directores e realizadores de Galicia, CREA, otorgou o Premio á Mellor Dirección Galega das fitas a concurso. Os galardoados foron os directores Omar Rabuñal e Daniel Viqueira polo seu traballo na curtametraxe “Koan” e desde CREA queremos dárlle a noraboa polo seu traballo.
Á súa vez outros dous dos nosos socios, Xacio Baño e Juan Galiñanes recibiron premios no certame porriñes. A curtametraxe de Juan Galiñanes “3-1=0” fíxose con dous galardóns, o outorgado polo Xurado dos Veciños de Cans, e o Premio á mellor interpretación feminina que recaeu en Déborah Vukusic.
Pola súa parte Xacio Baño sae de Cans co premio á Mellor Curtametraxe de imaxe real. O xurado composto por Karra Elejalde, Chelo Loureiro, Xurxo Souto, Sabela Arán, Xulio Abonjo, Isabel Ayguavives e Monti Castiñeiras elexíu a “Ser e Voltar” de Xacio Baño como o mellor traballo do certame.
Deixámosvos o Palmarés íntegro:

Mellor banda sonora: Gautier Galard, por “Jamón”.
Premio AGAG ao mellor guión: Carlos Alonso Ojea e Fernando Polanco, por “Hogar Hogar”.
Mellor interpretación feminina: Déborah Vukusic, por “3-1=0”.
Mellor interpretación masculina: Javier Gutiérrez por “Tupper”.
Premio CREA á mellor dirección: Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por “Koan”.
Premio especial do xurado dos veciños á mellor curta: “3-1=0”, de Juan Galiñanes.
Premio do público á mellor curtametraxe: “Tupper”, de Ángel Manzano.
Mellor curta de animación: “Jamón”, de Iria López.
Premio xurado mellor curtametraxe de imaxe real: “Ser e Voltar”, de Xacio Baño.
Mención especial do xurado á mellor fotografía: Luís Solarat, “La Carne Cruda”.
Premio do xurado ao mellor videoclip: “Un gran hijo de puta”, de Los Árboles. Dirixe: Manuel Valcárcel.
Premio do público ao mellor videoclip: “Carreteras”, de Dakidarría. Dirixe: Andrés H. Bonader.