Directores/as
Ollo de vidrio

Vigo 1:10, proxecto audiovisual xuvenil

O concello de Vigo, xunto coa asociación xuvenil Abertal, acaban de arrancar unha interesante proposta de festival audiovisual orientado á xuventude da cidade, que se desenvolverá ata esta fin de semana.
Segundo eles mesmos o festival de Curtametraxes Vigounhaedez nace no contexto dun proxecto de participación xuvenil no que un grupo de mozos e mozas de entre 15 e 30 anos de Vigo veñen participando durante todo este ano. A idea do festival xorde para construír un espazo de encontro no que xuntar xente moza que empeza no audiovisual, para coñecerse, ensinar o que andan a facer, aprender uns de outros e sobre todo pasalo ben facendo algo que lles gusta… o cine.
Trátase da primeira edición, e queren que serva como punto de arranque de novos proxectos e propostas.
A participación nas diferentes ofertas está aberta a tódolos interesados/as, atendendo as limitacións de aforo de cada actividade, que abarca dende proxeccións a obradoiros e un concerto de peche de festa.
Se andas por Vigo, non deberías de deixar de acercarte.

Máis información na web: VIGO 1:10

Interacciones del lector

Deixa unha resposta