Directores/as
Ollo de vidrio
Volve atrás

Psicofonía dunha travesía pantasma

Ver directores/as

Psicofonía dunha travesía pantasma é unha viaxe sonora cara a unha realidade paralela na que o Scalextric nunca desapareceu. A instalación está composta por unha montaxe de audio e un visualizador proxectado, e nace directamente da pregunta proposta pola convocatoria de Fuck This Studio (¿Qué pasaría si el Scalextric siguiera en pie?). Investigando sobre este escenario ficticio a través do son, recréase o espazo sonoro dun Vigo alternativo, aínda que non tan diferente.