“Estuda a terra e os astros do ceo; calquera parte do mundo é unha imaxe abreviada del. Deberás gardar esta frecha durante cen anos e un día. Despois deste tempo, crávaa no val máis amplo de todos os que posúes, coa punta cara o ceo. Entón chegará a Lúa e, da mesma maneira que exerce a súa acción sobre as augas do mar, así actuará sobre a frecha, converténdoa nun monte sagrado.” – Lenda sobre o Pico Sacro
Inspirándose nas vistas do monte Fuji de Hokusai e nos cadros de Cézanne da montaña Sainte-Victoire, “Pico Sacro” trata de revelar a beleza e o misterio que se acha baixo a realidade con esta montaña máxica como protagonista.
Equipo
Dirección

