Videoensaio dividido en 6 capítulos sobre o rol do espectador no cinema. Trátase dunha aproximación semiótica e sociolóxica á función comunicativa do cinema, e aos suxeitos aos que vai dirixido.
Comezando pola definición máis básica do concepto, a peza toca temas como os mecanismos que empregamos ao ver unha película, o uso que os realizadores fan deles para comunicar a súa mensaxe, e remata nunha reflexión sobre o lugar que ocupa o espectador no presente mundo multimedia.

