“Morte e meu Avó” é unha curtametraxe de narrativa diverxente que habita entre a ficción, o documental e o ensaio cinematográfico para plantexarnos unha reinterpretación da figura da Morte.
Dende a inxenuidade dun adulto que xamáis perdeu a un ser querido, confróntanos con unha reflexión sobre a ausencia, o engano da memoria e a fantasía da nenez.
Realizamos unha viaxe melancólica a un pasado que nunca existíu, para reformular un futuro ao que nos aterra ter que enfrontarnos.

