Tras toda a vida dedicada a traballar no mar como mariscadora, Filucha ten innumerables recordos do traballo que marcou a súa vida. Non todos son bos, pero sempre terá presente o compañeirismo que atopaba na praia cada vez que se metía no mar. Escoitala é escoitar o relato dunha xeración de mariscadoras que conseguiu coa suor da súa fronte mellorar as cousas e ser o piar básico no que se sustentou a sociedade rural da costa galega.
IV Premio Xohana Torres de Creación Audiovisual.

