Directores/as
Ollo de vidrio

Vídeo en apoio á mobilización da Plataforma de Artes Escénicas

Desde CREA vimos apoiando as protestas que teñen lugar estes días por parte da Plataforma de Artes escénicas.

Nestes momentos de crise é imprescindible estreitar as vías de comunicación entre administración, cidadáns, movementos asociativos, colectivos, etc., para remar todos xuntos; e parécenos intolerable que aínda non so que non se teña recibido a esta plataforma senón que a comunicación coa Consellería de Cultura non sexa fluída, constante e normalizada.Como realizadores e directores decidimos utilizar o medio que manexamos mellor para apoiar estas mobilizacións, e para que estas queden documentadadas.
Copia, publica e difunde este vídeo onde o estimes oportuno.