Directores/as
Ollo de vidrio

Venres con CREA #6: Novidades varias

Comezamos este Venres con CREA convidándovos a pasarvos por Ollo de Vidro a que vexades a nosa interesante conversa con Antonio Caeiro pinchando aquí.

A maiores, a actualidade da semana está marcada polo que será a estrea mundial de “As Mimosas”, segundo filme do noso compañeiro Oliver Laxe, dentro da Semana da Crítica de Cannes. Aquí tedes en primicia o trailer do filme.
[iframe id=”http://www.indiewire.com/embed/player.jsp?videoId=00000154-a5b4-d586-ab7e-edf4940f0000&width=480″]

Entre as novidades, traémosvos tamén o novo videoclip do noso compañeiro Javi Camino para Linda Guilala, titúlase “Cosas Nuevas” e loce espectacular.


Un dos compañeiros que se incorporou recentemente a CREA, Miguel Mariño é o responsable de “O tempo da mazá” curtametraxe realizada para a Chanfaina Lab.

Disfrutade da sesión 😉