O noso venres con CREA de hoxe, vai ser un tanto especial. Hoxe remata o prazo da primeira rolda de votacións da I Edición dos Premios CREA, e deles sairán os nomes dos nomeados.
Entre as categorías existentes nestes Premios CREA, tódolos videoclips están dispoñibles online, así que este venres convidámosvos a un Venres con CREA musical composto íntegramente por tódolos videoclips candidatos aos nosos premios.
Soledad Rebollo compite polo CREA á Mellor dirección de videoclip co tema de Fernando Tato El animal que hay en mí.
Olga Osorio dirixe Buscando a Superfama, tema de Heredeiros da Crus.
Lucía Regueiro por Doade de Fiandola.
Marcos Nine por Doce de Magín Blanco
Fernando González e Victor Aitor Fernández Marcos por El hombre del reloj de Priscila.
David Vázquez por Hoy como ayer de Iago Cid
Nuria Bouzas por A insignificante historia do home astronómico de Cristian Silva.
Omar Rabuñal por Madrugada de Brais Durán.
Adrián González e Rafa Fidalgo por Magma y Trueno de Guerrera.
Jairo Iglesias por Mi punto de vista de Bea a de Estrella
Noel Queipo por Ou iso ou aquilo de Alegría!
Fran X. Rodríguez por La Reina Ourensana de Igloo
Jairo Iglesias por Soños de Ruxe Ruxe
Oliconh por Todo me fala de ti de Uxía e Magín Blanco
Carlos Amil por Un conto ao revés de Chuches Amil.
Xoán Curiel, Marta Alonso, Noel Queipo e Jara Ortiz por Unha canción de Estamos no verán!!!