Fartos da programación de Semana Santa? Desde Crea suxerímosche algúns traballos dos nosos socios e Santo Remedio.
Comezamos cunha publi dirixida polo noso compañeiro Toño Chouza.
[iframe id=”https://player.vimeo.com/video/116664198″]
Seguimos polo que vai vir. En nada chegará ás salas a opera prima de Simón Casal “Lobos sucios”, que acumula nin máis nin menos que 14 nominacións aos Mestre Mateo. Podedes ver o trailer para ir abrindo boca.
E que tal un pouco de música co “Iconoscopio #9: Coda” dirixida polos nosos compañeiros de DSK (Belén Montero e Juan Lesta).
[iframe id=”https://player.vimeo.com/video/24648171″]
E rematamos cunha web na que está involucrado o noso socio Paulino Pérez, unha unidade didáctica sobre literatura e cinema aplicada á obra de Carlos Casares “Vento ferido”. Entre a gran cantidade de materiais que hai na web atopamos tamén coa curtametraxe “Vento ferido” rodada no contexto do CeMAC (Curso de medios audiovisuais de Celanova)