Directores/as
Mediateca

Titores e titoras Conecta LAB!

👉 Titores e titoras do ConectaLAB!

Xa non queda nada para comezar a edición 2026 (14-20 de abril) e hoxe presentámosvos aos titores e titoras deste ano!

🎥 Álvaro Vega volve a San Simón para falar sobre estratexia de pitch e comunicación de proxectos. Vega leva ás costas a promoción de máis de 150 filmes e moitas campañas, como as das candidaturas españolas aos Oscar. Actualmente é CEO de DobleSentido, axencia centrada en marketing, comunicación, asesoría e formación para as industrias culturais e creativas.

🎞 Ana Sanz-Magallón é analista de guion, consultora e docente especializada en desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Acompaña procesos de escritura en cinema e animación, colaborando con cineastas e equipos creativos en distintas fases de desenvolvemento: os nosos alumnos van aprender moitísimo con ela!

🎬 Luis López Carrasco é cineasta, escritor e docente, ademais de membro fundador do colectivo Los Hijos. O seu filme El año del descubrimiento (2020), gañador de dous Premios Goya, marcou un fito no documental español pola súa proposta formal e narrativa. Benvido á illa, Luis!

📽 Juana Macías é directora e guionista de cine e televisión. Nos últimos anos dirixiu títulos como Embarazados (2016) e Fuimos canciones (2021), adaptación da obra de Elísabet Benavent para Netflix, consolidando unha filmografía centrada nos vínculos afectivos e as relacións contemporáneas. Estamos seguros de que vai ser unha gran experiencia tela en San Simón!

🍿Oskar Alegría é cineasta e programador, cunha obra marcada pola exploración da memoria, a paisaxe e o tempo. Foi director artístico do Festival Punto de Vista (2013–2021), consolidándoo como unha referencia internacional no cinema documental. Vai dar un punto de vista moi importante aos nosos seleccionados!

Benvid@s ao Conecta Lab, profes!

O laboratorio ConectaLAB está organizado por CREA co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Industrias Culturais e de Dama e conta coa colaboración de Cervezas Alhambra.

Podedes coñecer aos creadores e ás creadoras neste enlace, e, se queres participar nalgunha das clases maxistrais que faremos dende a Illa de San Simón, podes informarte aquí.