Directores/as
Ollo de vidrio

The Auteurs, cine de autor en liña

O mundo da distribución de contidos culturais, música, cine, tv, etc, esta a vivir unha forte transformación coa aparición da internet.
Parece obvio que as canles tradicionais de compra de obxectos físicos (CDs, DVDs…) está condenada á desaparición, ou cando menos a converterse nun sistema de distribución minoritario.

Nestas circunstancuias están a xurdir unha grande cantidade de ofertas en liña para tódolos gustos e esixencias.

Dentro de toda esta nova oferta xorde The Auteurs, un portal de visionado de cine de autor, con intención de iren máis aló e converterse nunha auténtica rede social de cinéfilos, interesados no cine de autor, e acostumados ao cine de alta calidade.

En The Auteurs poderemos ver dende a nosa casa as presentacións de festivais tan importantes coma Cannes, Berlinale, Venecia, San Sebastian, Sundance… e moitos outros cos que veñen colaborando.
Pero non se limitan a cine de estrea ou presentacións, senón que tamén ofrecen o visionado de clásicos de tódolos tempos.

O sistema ofrece películas gratis, pero a maioría funciona cun sistema de pago por visión que custa 5€ por película, que persoalmente atopo algo caro. Pero existen opcións de bonos de visionado ilimitado mensual por 18€/mes, unha oferta realmente interesante para calquera cinéfilo que se precie de selo.

De momento son poucas as películas que dispoñen de subtítulos a linguas que non sexan o inglés, pero teñen previsto ofrecelos no futuro.

The Auteurs foi fundada en 2007 por Efe Cakarel, e está respaldada por Celluloid Dreams, The Criterion Collection e Costa Films, co apoio do Programa MEDIA da Unión Europea, e é socio exclusivo da Fundación do Cine Mundial.
Teñen sedes en Palo Alto, Nova Yorke, París e Londres,

Para acceder a unha demostración do que ofrecen: http://www.theauteurs.com/dashboard

Interacciones del lector

Deixa unha resposta