![]() | O noso compañeiro Manuel Abad, presenta o documental “Sexo, entre o ceo e a terra”, producido por Formateo e Faro Tv. A estrea terá lugar o vindeiro martes 24 de novembro ás 20:15h. No Teatro principal de Santiago de Compostela, dentro da programación de Cineuropa. O documental sobre o mundo do erotismo e o sexo en Galicia, abrangue desde sex shops ou videoclubes até o festival erótico de Vilagarcía, onde xurdiu a idea deste proxecto, segundo propio director. Trátase tamén a música, os locais de ambiente liberal e as asociacións como Alecrín. Para ir entrando en calor podedes ver o trailer [Ligazón] QuickTime 7,6MB. |
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.