Directores/as
Ollo de vidrio

Tarkovski Na Fundación Luís Seoane da Coruña

Este luns 25 de maio, da comezo o ciclo de documentais dedicados a Andrei Tarkovski na Fundación Luis Seoane
Coma introducción ao ciclo, presentarase no salón de actos da Fundación o libro de Pilar Carrera “Andrei Tarkovski. La imagen total”, editado por Fondo de Cultura Económica de Bos Aires.
Á presentación asistirán, ademáis da autora, José Manuel Sande, responsable de prensa e documentación do CGAI, Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño, comisarios da mostra “Luz Instantánea. Fotografías, itinerarios e saudades de Andrei Tarkovski”.
A continuación, terá lugar a proxección de “Un día en la vida de Andrei Arsenevich” (Chris Marker, 2000). Entrada libre

A fundación ten esta entre outras actividades dedicadas a Tarkovski:
Exposición LUZ INSTANTÁNEA. FOTOGRAFÍAS, ITINERARIOS E SAUDADES DE ANDREI TARKOVSKI
16 de abril-31 de maio 09

ANDREI TARKOVSKI, BAIXO UNHA NOVA LUZ
Visitas guiadas para adultos, tódolos mércores ás 19.00 sen cita previa
Actividades didácticas e visitas guiadas para escolares e colectivos, solicitude de cita previa no teléfono 981216015.

Para ampliar información: web da Fundación Luís Seoane.