Directores/as
Ollo de vidrio

Susana Sotelo imparte a segunda Masterclass CREA na Fundación TIC de Lugo

Continúa o ciclo de charlas e seminarios que os directores de CREA están a impartir ao alumnado da Escola de Produción da Fundación TIC de Lugo. Susana Sotelo é a segunda das directoras que participa nesta experiencia de colaboración que se desenvolverá ao longo de todo o curso académico 2013-14.

A realización de docushows” será o eixo temático da segunda Masterclass CREA na Fundación TIC. Susana Sotelo exporá aos alumnos a súa experiencia á fronte do programa Criaturas de Televisión de Galicia nunha xornada de tres horas de duración na que se procura achegar aos futuros produtores a experiencia real dos profesionais do noso sector.

Será a segunda dunha serie de dez charlas, catro seminarios e tres titorías froito dun convenio de colaboración entre a Fundación TIC e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia. O ciclo iniciouse o pasado ano cunha masterclass de Xacio Baño sobre a dirección de curtametraxes. Nos próximos meses o alumnado da Escola de Produción de Lugo terá oportunidade de compartir a experiencia de Juan Lesta, Belén Montero, Juan Galiñanes, Ángel de la Cruz, Héctor Carré, Jorge Coira, Ricardo Llovo, Giselle Llanio, Pela del Álamo, Marta Piñeiro ou Sonia Méndez, entre outros.

Interacciones del lector

Deixa unha resposta