Directores/as
Ollo de vidrio

Sonia Méndez falará da experiencia de Angélica e Roberta en Arteixo


Este venres 8 de marzo no Centro Cívico de Arteixo as protagonistas da web-serie Angélica y Roberta, Sonia Méndez e Sandra Lesta, darán unha charla titulada Novos formatos e vías de distribución no audiovisual: series web, na que contarán polo miúdo a súa experiencia co formato web-serie e como Internet e as novas tecnoloxías poden ser un gran aliado para sacar adiante novos proxectos audiovisuais.

Angélica y Roberta estreou recentemente a súa segunda tempada, e podes vela online totalmente de balde. Pero lembra que se gostas dela podes colaborar co proxecto mercando unha destas estupendas camisolas oficiais.

A charla é este venres 8 de marzo (hoxe), de 19:30 a 21:30l está organizada pola Casa da Leiteira e terá lugar no Centro cívico de Arteixo (Paseo Fluvial s/n, Arteixo. O acceso é de balde.

Ademais da charla proxectarase un capítulo desta sitcom, que por certo é candidata ao Premio Mestre Mateo a mellor web-serie.

Podes acceder ao sitio de Angélica y Roberta para visionar capítulos e obter moita máis información sobre o proxecto.
Para ampliar información sobre a charla podes acceder ao blog da Casa da Leiteira

Interacciones del lector

Deixa unha resposta