A microcurta “Seule” do compañeiro Toño Chouza acaba de ser elixida unha das dúas finalistas no Festival do Minuto de Brasil.
As pezas que compiten polo premio son:
Seule, de Toño Chouza – España
I Look & Move, de Irina Neustroeva – Rusia
Seule opta ao premio do público, que se decidirá en función dos “me gusta” que acade na páxina oficial de Facebook do festival.
Podes acceder desde esta ligazón, ver as dúas microcurtas e votar premendo no “me gusta” da que consideres mellor
O prazo remata mañán, así que non esperes a votar.
Moita sorte a Toño! Nós xa fixemos “me gusta” en Seule.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.