Directores/as
Ollo de vidrio

Seminario “Fx visuais, unha ferramenta para directores” organizado por CREA

En CREA levamos tempo traballando duro en novas iniciativas que pronto irán saíndo á luz. Entre elas está aula crea a encargada de todo o relativo á formación.
Hoxe presentámosvos a primeira actividade formativa que CREA organiza co apoio da SGAE e a Fundación Autor: o seminario “Fx visuais, unha ferramenta para directores”.

Un seminario dirixido a directores e realizadores profesionais, estudantes de dirección ou realización e todos aqueles profesionais do audiovisual que estean interesados en coñecer os conceptos fundamentais do traballo con efectos visuais.
Para este seminario contamos coa presenza dun profesional con ampla experiencia na dirección de efectos visuais, Ferrán Piquer, un dos máis importantes supervisores de FX visuais en España. Formado en Nova York, comezou a súa vida profesional no deseño gráfico, de onde saltou ao mundo do audiovisual; primeiro como compositor, realizador publicitario e de identidade corporativa de TV, e máis tarde como coordinador e supervisor de FX visuais.
Ferrán Piquer foi varias veces nomeado aos Goya, e gañador na edición 2011 por Balada Triste de Trompeta, de Álex de la lglesia.
No seu currícuculum atópanse máis de 50 títulos entre longametraxes e series de Tv.

O obxectivo deste seminario é facer un percorrido polas posibilidades dos FX visuais na narrativa audiovisual, a partir da experiencia profesional do propio Ferrán usando exemplos concretos da súa filmografía como casos de estudo.

Sede e datas
O seminario terá lugar o vindeiro 1 de xullo en horario de 16.30 a 20:30h, na sede da SGAE en Santiago de Compostela.

Matrícula
A matricula é de balde para os socios de CREA e ten custe de 30€ para os non socios e 15€ para estudantes ou desempregados.
Para matricularte tes que escribir a formacion@galiciacrea.org solicitando praza no seminario e indicando o nome do solicitante e o tipo de tarifa a aplicar.
Tras recibir via correo electrónico a confirmación de praza e o número de conta bancaria, o solicitante deberá ingresar a tarifa correspondente (se procede) en dita conta, indicando como beneficiario a CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia e poñendo o seu propio nome e apelidos como concepto.

Tedes toda a información neste PDF (500KB).
Se tedes calquera dúbida contactade con nos en formacion@galiciacrea.org

Interacciones del lector

Deixa unha resposta