Directores/as
Ollo de vidrio

Seminario Estéticas da animación na Fundación Luís Seoane

A Fundación Luís Seoane, xunto coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo, celebra do 7 ao 10 de xullo na Coruña o seminario Estéticas da Animación.
A propia fundación define do seguinte xeito o seminario:
“A historia da arte da Modernidade vai ligada ao nacemento de técnicas e modalidades artísticas específicas da creación contemporánea. A animación e os debuxos animados, nacidos de forma paralela a outras linguaxes artísticas coma o cinematógrafo ou o cómic, configuraron a conciencia de gran parte dos espectadores do noso tempo. Hoxe en día amósanse como unha ferramenta artística e de entretemento fundamental, así como un obxecto de análise que pode concitar a atención de especialistas e investigadores de disciplinas moi diversas, como son as artes plásticas, a estética, a socioloxía, a política, a crítica de cine, a historia dos media, etc.
Unha historia e unha analítica da animación é, por tanto, a tarefa urxente que o seminario Estéticas da Animación abordará”.

O Seminario ten un custe de 129€ para o público xeral, e de 65€ para os alumnos das universidades de Coruña, Santiago e Vigo, tendo para estes un valor académico de 30 horas.

Para máis información pódese contactar coa Fundación Luís Seoane: www.luisseoanefund.org

Interacciones del lector

Deixa unha resposta