Directores/as
Ollo de vidrio

Seminario de Desenvolvemento de Novos Formatos de Entretemento

Os nosos compañeiros de AGAG veñen de organizar un novo e interesante seminario, nesta ocasión

sobre os novos formatos de entremento.
Da man de Emilio José Zarzuela, Director do Departamento de I + D de Boomerang TV -unha das produtoras líderes en entretemento en España xunto a Endemol e Gestmusic-, creador e/ou adaptador de exitosos formatos como La voz, Pekín Express, Soy lo que como, Ajuste de cuentas, Soy el que más sabe de televisión del mundo, o seminario terá lugar na sede SGAE de Santiago de Compostela o venres 10 de febreiro de 2012 de 17.30 a 21.00.

O programa do Seminario é o seguinte:
17.30 – 19.00
1. Que é un Departamento de I + D en televisión?
2. Investigación: Ferramentas. The Wit, Barlovento Comunicación, Mercados Internacionais (MipCom, MipTV, NATPE)
3. O Desenvolvemento: O proceso creativo.
4. O traballo do formateador. Como se fai un formato?
5. Formatos propios e adaptación de formatos internacionais alleos.

Descanso 15 min.

19.45 – 21.00
6. Novas tendencias no panorama televisivo internacional.
7. Xéneros televisivos en tendencia: o supraxénero reality e o talent.
8. Hibridación de xéneros.
9. Visionado de novos formatos internacionais de éxito.

A matrícula ten un prezo de 25€ como tarifa xeral, 20€ se es estudante de Facultade/Módulo/Escuela Audiovisual e gratis para os socios de AGAG.

Tedes toda a información, modo de inscrición etc. nesta ligazón. E descargando este PDF (934KB)