Directores/as
Ollo de vidrio

Semana de éxitos para varios realizadores de CREA

Esta semana do 25 de agosto está a ser especialmente producitiva para os realizadores de CREA e para o audiovisual galego en xeral. O pasado domingo un dos nosos socios, Samuel Lema, facíase co premio Ibañez Serrador pola súa curtametraxe “La Carne Cruda” no 1º Fancine de Lemos que ven de celebrarse en Monforte.
Á súa vez, outro dos nosos socios, Nani Matos, prosegue a súa andaina por festivais coa curtametraxe “Flores para Amalia” que ven de acadar dúas novas seleccións en Festivais. “Flores para Amalia” participará no Festival de Taranto en Italia e no Festival du Monde Arabe du Court-Métrage en Francia.
Outro dos nosos realizadores, Juan Galiñanes, está de noraboa por partida triple. A súa curtametraxe “3-1=0”, proxectarase por primeira vez en Grecia no marco do 20th International Film in Drama, mentres que o seu videoclip “Garden’s Road”, codirixida por Olga Osorio, da banda Escuchando Elefantes estará a competición no Dublin International Short Film and Music Festival e tamén no Festival de curtametragens de Faro, Farcume. Para quenes non o vísedes aínda podedes disfrutar do videoclip do noso compañeiro aquí.
A maiores, os éxitos continúan no mundo do videoclip. O Festival de curtametragens de Faro seleccionou igualmente 2 traballos dos nosos socios Juan Lesta e Belén Montero, trátase do videoclip “Badly” do cantante Josh Prada e “Cianuro disco funk” de Un poquito de cianuro. Ambos dispoñibles online.
A semana fantástica para o audiovisual galego complétase co anuncio da programación da 46 Edición de Alcances, o Festival de documentais que se celebra en Cádiz seleccionou para a súa edición máis concorrida os filmes “Pettring” de Eloy Domínguez Serén, “Costa da Morte” de Lois Patiño e “Contact Proof” de Juanjo Giménez que conta coa participación galega de IB Cinema.