
O vindeiro sábado 18 de decembro terá lugar o CONECTA+ 2021, o encontro entre creadorxs e produtoxs co obxectivo de impulsar, financiar e buscar sinerxias á hora de levar a cabo diferentes proxectos audiovisuais.
Este ano seleccionáronse un total de 18 proxectos, algúns dos cales xa pasaron polo pasado Conecta 2021, e entre os que se atopan tanto longametraxes de ficción, como documentais e series. Terán a aquí, grazas ao evento, a oportunidade de trazar pontes entre as ideas e o mercado, co obxectivo de fortalecer os proxectos, dotalos de viabilidade económica e promover a construción de equipos que combinen talento e capacidade de execución.
Este é a listaxe de proxectos seleccionados:
- Á procura da estrela, de Carlos G. Peñalver.
- A unidade componse de desorde, de Bruno Arias e Lucía Ramiro.
- Vidas perras, de Giselle Llanio.
- Pulp Air, de Anita Pico e Ro López.
- Carmiña, de Sofía Naseiro, Lucía Santiago Sanmiguel e Anxo R. Villar.
- Aquagym, de Iria Sobrado.
- As aspas, de Berio Molina.
- Túnel, de Omar Rabuñal e Luis Usón.
- Marea negra, de Xosé Ramil.
- Nunca te rindas, de Marta Eiriz.
- Adeus, Berta, de Ángela Andrada e Fernando Tato.
- Detrás da luz, de Rubén Coca.
- Señora azul, de Andrés Goteira.
- Rúa Barcelona, de Ángela Andrada.
- Vilar de Chan, de Toni Penido, Alexis Baneira e Alberto Plágaro.
- Cela, su última novela, de Álvaro Liste, Iván Rodríguez e Iván L. Gimeno.
- Arcanos menores, de Miguel Casaseca, Alejandro González, Lucía Gómez e Nacho Milán.
- Centinelas de la luna carmesí, de Andrés Castro e Ozo Perozo.
En canto ás produtoras, este ano o Conecta+ contará con un total de 12, 8 galegas e 4 as nacionais, que estarán escoitando os pitch durante toda a xornada:
- Portocabo (Hierro, Cuñados…)
- Frida Films (Tres, Trote…)
- Miramemira (O que arde…)
- Ollo Vivo (O corpo aberto…)
- Cósmica Producións (A poeta analfabeta…)
- Sétima (Cando toco un animal, As liñas discontinuas…)
- Filmika Galaika (Eles transportan a morte, Longa noite…)
- Gaita Filmes (Dhogs, Welcome to ma maison…)
- Plano a Plano (series para Netflix, A3, TVE…)
- Secuoya Studios (series para Movistar+, partner de Álamo Producciones)
- Guadalupe Balaguer (Produtora de Maixabel, Akelarre…)
- PlayLab Films (Longametraxes de ficción e documental)
O Conecta+ celebrarase o vindeiro sábado 18 de decembro, en formato online e gozará de diversas fases que terán lugar ao longo de toda a semana.
