Directores/as
Ollo de vidrio

Renovada a Xunta directiva da Acedemia Galega do Audiovisual

A Academia Galega do Audovisual ven de elixir a súa nova Xunta Directiva. O pasado venres na asamblea da entidade celebrada na Coruña elixiuse a única candidatura presentada para dirixir a Academia nos vindeiros dous anos.

O actor Xosé Manuel Olveira, Pico, é o novo Presidente da asociación que aglutina aos creadores e profesionais do audiovisual galego, e substitúe neste cargo á actriz María Bouzas, quen tiña anunciada públicamente a súa decisión de non presentarse de novo ao cargo co fin de facilitar a renovación. Pico estará acompañado na nova Xunta Directiva por Rosa Álvarez Cabo, Carlos Ares Pérez, Montse Besada Vergara, Pepe Coira Nieto, Fernanda del Nido, Sandra Díaz Frantz, Nani García, Marcos Nine Búa e Tania Rodríguez Pino.

Máis información na web da Academia Galega do Audovisual

Interacciones del lector

Deixa unha resposta