QUE É CREA
CREA, Asociación galega de profesionais da dirección e realización, fundada no ano 2002, é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo a defensa dos intereses dos directores/as e realizadores/as do sector audiovisual en Galicia.

CREA aposta pola defensa da creatividade como elemento fundamental do sector audiovisual. É o talento o que enche de contido os produtos culturais; o que dá sentido a todos os esforzos investidos na produción das nosas obras.
Por iso, cremos firmemente que a aposta polo talento do noso país, a formación continua e a mellora das capacidades dos nosos creadores, é unha aposta de futuro, fundamental para o desenvolvemento do sector.
OBXECTIVOS
profesional audiovisual
DIRECTIVA DE CREA

Para quen é crea
Entra na túa área de membroCREA está aberta a todos os profesionais da dirección e a realización en Galicia e conta entre os seus asociados cunha boa parte dos directores e directoras de máis prestixio do país, responsables de moitos dos éxitos do noso audiovisual nesta última década.
Dende longametraxes a series de TV ou web, dende curtas a documentais, dende filmes de vangarda a spots publicitarios, dende programas de TV a videoclips…