Directores/as
Ollo de vidrio

Os proxectos de Samuel Lema

Samuel Lema é un cineasta apaixoado e inquedo, constante no seu traballo e cunha ollada aberta e ampla. Un director que gosta dos filmes de xénero e que quere compartir con todos e todas os seus actuais proxectos e agasallarnos cunha cita do libro Placer Visual e Cine Narrativo de Laura Mulvey.

O primeiro impulso (…) consiste en liberar á mirada da cámara a través da súa materialidade no tempo e o espazo e á mirada do público através da dialéctica, do distanzamento apaixonado. Non hai dúbida que así destrúese a satisfacción, o pracer e os privilexios do ‘invitado invisible’

Samuel vén de estrear na rede a curta La Carne Cruda, un filme que ata o momento estivo presente en máis de 50 festivais por todo o mundo, obtendo 6 premios: Segundo Premio do Público no Horrible Imaginings: San Diego’s Horror Film Festival (United States), Premio Especial Narciso Ibañez Serrador no Fancine De Lemos (Spain), Terceiro Premio do Público no Cine de Alcantarilla – Muestra de Cine De Terror, Fantástico e Gore (Spain), Remi de Ouro a Mellor Curtametraxe de Terror no Worldfest – Houston International Film & Video Festival (United States) e Mención Especial do Xurado no Festival Brasil De Cinema Internacional (Brazil) e no Fanomenon – Leeds International Film Festival (United Kingdom).

Aquí o filme completo desta xoia do cine de terror galego.

Actuais proxectos

Samuel desenvolve actualmente dous proxectos. “Stalk”, un falso documental de 18 minutos e “Desde dentro”.

DESDE DENTRO

samuelDesdeDentro

“Desde Dentro” naceu no ano 2011 como proxecto de longametraxe sendo seleccionado nese mesmo ano como proxecto de desenvolvemento polo EPC (European Producers Club) para participar no foro de coproducción del Festival de Cannes (Francia) y en el foro de coproduccion del Festival de Locarno (Suiza).

Sinopse

O comezo da sinopse tan suxerente como intrigante adianta o filme.

Nunha pequena cidade, nove mozos cun mesmo perfil: pelo castaño, idades comprendidas entre os 25 e 30 anos, desaparecen sen apenas deixar pegadas. Os seus corpos son atopados tempo despois decapitados.

Intención

Por unha banda a historia está contada dende o punto de vista dun documental con interferencias doutros formatos: o formato televisivo, o formato de cine propiamente dito e o Found Footage (metraje encontrado). A intención é que a pantalla de proxección convértase nun texto informativo visual, coma se estivesemos zapeando na televisión ou navegando por internet abrindo e pechando fiestras ou cambiando canles.

Combinar unhaa narrativa postclásica no formato cine (Bergman, Lynch, Cronenberg) cunha narrativa contemporánea máis axil e fragmentada, onde a confusión e o surrealismo erixense como puntais estéticos e narrativos.

STALK

STALK é a historia dunha reconstrucción vital. Un proxecto concebido a partir de documentos audiovisuais: máis de medio centenar de cintas minidv, imaxes dixitais en HD, 12 rollos de Súper 8, cassettes de audio e vellas fotografías.

Sinopse

STALK reconstrúe a vida dunha parella: C. e S., dende a infancia até a madurez.

Neste camiño fragmentario e imperfecto STALK desentraña o degoiro snob e pequeno-burgués de S. por se convertir en cineasta, un longo e aciago traxecto que o frustra e enfronta co seu propio narcisismo, abocándoo ao fracaso.

Intención

Por outra banda C., que fica ao lado de S. dende moi nova, compartindo aficións, viaxes, e aturando o seu complicado carácter, descubre que o seu amor pola fotografía non é máis que unha pulsión artística e honesta, da que disfruta en silencio. O fracaso de S., a súa autocompasión e egocentrismo, leva a ruptura da parella. Mentras S. non é capaz de asumir a súa soidade e incapacidade artística nunha caída sen freo surrealista e traxicómica, C. descúbrese a si mesma como artista. No ar fican varias preguntas baleiras. Quen axexa tras o obxectivo da cámara? Quen lle da nome e envoltorio ¿Quen reconstrúe a historia?

Con STALK “pretendemos a partires do falso Found Footage reconstruir unha historia de FICCIÓN. Partimos de documentos REAIS que amosan os acontecementos aleatorios que conforman a vida REAL da parella”.