
O pasado venres 23 de xaneiro celebramos no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra a XI edición de Conecta+, a xornada de encontros entre creadores/as que están desenvolvendo proxectos cinematográficos e produtoras interesadas en facelas realidade. Na presente edición participaron representantes das principais produtoras de Galicia e do estado, como Alba Bosch ( Abacus / Fractal), Javier Soto ( Colosé), Oriol Maymó ( URI / Corte y Confección), Álvaro Pérez (Undodez), Tania Vila (Artyc Content), Rubén Coca (Artyc Content), Héctor Carré (Sun Lúa), Marte Eiriz (Danga Danga Audiovisuais), Suso López (Gaitafilmes), Nati Juncal (Cósmica) e Gloria García (Portocabo)
A edición de 2026 destacou pola calidade das 46 propostas recibidas. Delas só 21 foron escollidas por unha comisión de selección formada por profesionais das directivas de CREA, AGAG e AGAPI. Estes foron os proxectos seleccionados:
Alba María Sueiro Barragáns – Barceloneta Free Tour – Documental / Non ficción
Alexandre Cancelo – As almas perdidas – Longametraxe
Anita Pico – Shido – Longametraxe
Antía Rodeiro Maseda – Lorzas – Longametraxe
Ariel F. Verba – El parpadeo – Longametraxe – Documental / Non ficción
Carlos Almón Muñoz – La niña pájaro – Documental / Non ficción
Carmen Lorenzo – Desarraigo – Longametraxe
Fernando Tato – Baixamar – Longametraxe
Fran X. Rodríguez – 52 Hz – Curtametraxe
Inés Pintor Sierra, Jorge Begega – El despiste – Serie
Luis Avilés Baquero – Os outros días – Longametraxe
Marta Valverde – Exercicios para reiniciar unha vida – Longametraxe
Mighello Blanco – Sellier – Serie
Miriam Rodríguez Domínguez – Mar delas – Documental / Non ficción
Natalia Ibáñez Suárez – Anónimas – Serie
Nel González – Colomines – Curtametraxe
Pedro Souto – Grave figura – Longametraxe
Simón Casal – Naufragio en Terranova – Longametraxe
Teresa Barberena Fernández – Terrores cotidianos – Serie
Vanessa Parente, Elena Figueiro e Álvaro Romero – Mestre – Curtametraxe.
Victoria Santos – Acuerpar – Longametraxe
Conecta + é unha iniciativa de CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización, co patrocinio da Xunta de Galicia, a través de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e da Fundación SGAE, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e o apoio de AGAG (Asociación Galega de Guionistas) e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).


