Directores/as
Mediateca

Proxectos seleccionados no Conecta+ 2025

Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra

O pasado venres 24 de xaneiro celebramos no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra a X edición de Conecta+, a xornada de encontros entre creadores/as que están desenvolvendo proxectos cinematográficos e produtoras interesadas en facelas realidade. Na presente edición participaron representantes das principais distribuidoras, corporacións e produtoras do estado, como Sábado Películas ( Ana Eiras), Jaibo Films ( Miguel Molina), Movistar Plus / Buendía Estudios ( Ana Díez), Elástica (Cristina Rocamora) e Accidental Films (Sara Gonzalo)

En Conecta+, como en edicións anteriores, participaron tamén algunha das produtoras máis activas de Galicia como Sétima (Anxos Fazáns), Ollo Vivo (Gaspar Broullón), Miramemira (Analía G.Alonso), CTV (Concha Fontenla), Matriuska ( Daniel Froiz), Artyc Content ( Rubén Coca), Recrea Films ( Chema Gagino), Sun Lúa (Héctor Carré) e Portocabo (Carlota Dans)

A edición de 2025 destacou pola calidade das 60 propostas recibidas. De elas só 24 foron escollidas por unha comisión de selección formada por profesionais das directivas de CREA, AGAG e AGAPI. Estes foron os proxectos seleccionados:

1 | A árbore do fogo de Pablo Vidal Santos

2 | El tiempo de la sal de M.T.Pereiro

3 | El fin de la verdad
de Adrián Castiñeiras, Fernando Tato e Ozo Perozo

4 | La ira de Fernando Tato

5 | Mamíferos de Servando Vidal

6 | Aquagym de Iria Sobrado

7 | El Capitán 1983 de Álvaro Pinell Pacha

8 | A Fuxida do Bou Ramón de Xosé Abad

9 | A través da noite de Daniel Filloy

10 | Mamá Benidorm de Ángela Andrada

11 | Rúa Barcelona de Ángela Andrada

12 | Despois de Grecia
de Irene Pin

13 | Damero Maldito de Clara Coira e Miguel Casaseca

14 | Pendiente de un hilo de Pedro C.Alonso

15 | Pupitre Salvaje de Ashling O. Colvin e Paloma Taborda

16 | Chorima de Alicia Úbeda Suárez

17 | Un lobo nunca pide perdón de Miguel Conde – Lobato

18 | Tina & Pol de Santiago Pereira Lorenzo

19 | Sentinelas de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande

20 | A desaparición de Aquimesmo de Nacho Pena e Xoán Bregua

21 | El papel de tu vida de Cristina Bodelón Maceiras e Ignacio de Vicente Bueno

22 | Merda de Lena Fernández

23 | El Grupo de Alexandre Cancelo

24 | Deseo Más de Raúl Alonso

Conecta + é unha iniciativa de CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización, co patrocinio da Xunta de Galicia, a través de AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e da Fundación SGAE, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, e o apoio de AGAG (Asociación Galega de Guionistas) e AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes).

Ademais, o sábado 25 levouse a cabo unha sesión de pitch público ante varias produtoras tanto galegas como nacionais onde se defenderon varios proxectos beneficiarios da recente convocatoria de axudas á escritura de guión de AGADIC de 2024.