Directores/as
Ollo de vidrio

Propostas para unha nova política audiovisual en Galicia


En CREA estamos constantemente dándolle voltas e analizando o sector para tratar de atopar xeitos e formas que puideran mellorar as condicións laborais creativas e profesionais dos directores, e a todo o colectivo audiovisual de Galicia.
Froito destes pensamentos e reflexións, de ideas de éxito noutros países, e de largas conversas cos diferentes actores do sector, redactamos este documento que vos presentamos:
Propostas para unha nova política audiovisual en Galicia
Nel atoparedes a nosa resposta a como cremos que debería de ser o noso sector, as súas relacións, cales son os nosos problemas e como cremos que se poderían arranxar, e cara a onde deberíamos de camiñar no futuro.

O documento está estruturado en 11 puntos:

1.-Introdución
2.-Consideracións xerais sobre a Agadic
3.-Internacionalización
4.-Liñas de axudas
5.-Promoción e difución
6.-Protección laboral do traballo creativo
7.-Comunicación co sector
8.-Formación
9.-Outras consideracións
10.-Conclusións finais

Podes descargar o documento completo en formato PDF (1MB) nesta ligazón:
Propostas para unha nova política audiovisual en Galicia

E por suposto, se tes algún comentario, crítica ou achega, non dubides en facérnola saber.