Directores/as
Ollo de vidrio

Presentada a segunda Mostra de Ciencia e Cinema


Hai uns días se presentou a segunda edición da Mostra de Ciencia e Cinema (M+C+C).
Esta interesante iniciativa organizase na Coruña pola Asociación de amigos da Casa das Ciencias (AACC), celebrarase entre o 26 e o 31 de outubro de 2009.
M+C+C quere ser un punto de encontro para todas as persoas que estean interesadas pola divulgación da ciencia. De maneira singular, a Mostra vai esforzarse en rachar a fronteira arbitraria das “dúas culturas”, a das artes e a das ciencias, establecendo contactos entre creadores e investigadores de ámbitos moi diferenciados coa intención de explorar as relacións entre ambos mundos.
Con carácter xeral todas as actividades da Mostra serán abertas ao público, pois o seu principal obxectivo é acadar a máxima difusión das obras que a conforman.

Na pasada edición poideronse ver interesantísimos traballos de Dana Ranga (COSMONAUT POLYAKOV, Alemaña, 2007 primeiro premio), ou de Maria Finitzo ( MAPPING STEM CELL RESEARCH: TERRA INCOGNITA EE UU 2007 segundo premio).
O premio ao documental galeo recaeu en 2050: HOW SOON IS NOW? de Ruth Chao e Javier Silva.

Máis información na web da mostra

Interacciones del lector

Deixa unha resposta