Directores/as
Ollo de vidrio

Entradas de cine a 2euros en "La fiesta del cine"

O vindeiro domingo 22 comeza a primeira edición en España da “Fiesta del cine
La Fiesta del Cine” é unha iniciativa para fomentar a asistencia a salas de cine a través dun desconto directo na compra da entrada.

A promoción dura 3 días, domingo 21 de xuño, luns 22 de xuño e martes 23 de xuño.
Aos espectadores que acudan ás salas o domingo se lles entregará, pola compra dunha entrada a prezo normal, un pasaporte, que lles dará dereito a acudir ao cine, desde a segunda sesión do domingo, polo prezo único de 2€ por película en todas as salas adheridas á promoción.

Hai 25 anos que Francia lanzou este tipo de festas, unha iniciativa para fomentar a asistencia a salas de cine, e durante estes 25 anos, máis de 50 millóns de espectadores consolidárona como o evento de cine máis importante do ano enfocado ao espectador, cunha media de 3 millóns de espectadores por edición.

A Festa do Cine en España é unha iniciativa conxunta de FAPAE, FEDICINE e FECE co obxectivo de fomentar a asistencia a salas de cine.

A iniciativa conta co apoio e colaboración de RTVE, Canle , 40 principais, ADN, Yahoo¡ España, Entradas.com, FNAC, Movierecord, Discine e 014 Media.

Para ampliar información da iniciativa visitade a sua web:
www.fiestadelcine.com/

Interacciones del lector

Deixa unha resposta