Directores/as
Ollo de vidrio

Convocatoria aberta para os Premios CREA 2022

Como cada ano, os Premios CREA son un recoñecemento para as/os profesionais da dirección e realización con traballos destacados dende o 1 de xaneiro de 2021.

Ata o vindeiro 15 de setembro de 2022 está aberto o prazo de recepción de candidaturas a través do seguinte formulario.

Podes consultar aquí as bases da presente edición do Premios CREA.

Nesta sétima edición, poderán ser presentadas obras nas seguintes categorías:

• mellor dirección de longametraxe de ficción

• mellor dirección de longametraxe documental

• mellor dirección de curtametraxe de ficción

• mellor dirección de curtametraxe documental

• mellor dirección de obra de animación

• mellor dirección de serie tv

• mellor dirección de serie web

• mellor dirección/realización de programa tv

• mellor dirección de videoclip

• mellor dirección de spot ou campaña publicitaria

• mellor dirección de obra experimental

Os premios CREA decídense a través da votación dos socios e socias da asociación.