
Como xa ven sendo habitual, xunto coa tradicional xuntanza anual das asociadas a CREA, fixeronse entrega dos Premios CREA 2021, que recoñecen a labor na dirección e realización dos traballos audiovisuais feitos durante o último ano.
Nesta IV Edición, que tivo lugar o pasado día 17 de outubro, entregáronse os seguintes galardóns:
- Premio de Honra – Margarita Ledo
- Mención especial á promoción da igualdade de xénero – Mulleres no Foco da Deputación de Pontevedra e CIMA
- Mención especial á visibilidade do cinema galego no exterior – Beli Martínez
- Mellor Dirección de Longametraxe de Ficción – Fon Cortizo por 9 Fugas
- Mellor Dirección de Serie de Tv. – Jorge Coira por Hierro T.2
- Mellor Dirección de Longametraxe Documental – Sonia Méndez por A poeta analfabeta
- Mellor Dirección de Curtametraxe Documental – Xacio Baño por Augas abisais
- Mellor Dirección de Curtametraxe de Ficción – Noemí Chantada por Xoves de comadres
- Mellor Dirección de Obra Experimental – Juan Lesta por 1,34943x10e4
- Mellor Dirección de Spot ou Campaña – Ex Aequo para Illa Bufarda (Adriana P. Villanueva, Sabela Iglesias e Pilar Abades) por Eu fico e Mergúllate, le en galego
- Mellor Dirección de Videoclip – Manu Viqueira por Ratas de Soziedad Alkohólika
- Mellor Dirección de Web serie – Lucía Estévez por Xan Serie
Noraboa a tódalas gañadoras!