Directores/as
Ollo de vidrio

Play-doc 2012 pide a colaboración do público

O Play-Doc de Tui é un dos eventos máis importantes e consolidados do panorama galego audiovisual.

O festival de documentais leva desde 2005 levando á vila de Tui os títulos máis interesantes nacionais, galegos e internacionais, e por si fora pouco repartindo suculentos premios.

A crise, como desgraciadamente sabemos, estase a cebar en todo tipo de eventos culturais, máximo se non son eventos de masas e son difusores de culturas alternativas.
Para combater esta crise e non terse que ver obrigados a mudar o seu xeito de entender o festival, Play-Doc está a experimentar novas canles de financiamento, e aquí é onde podes axudar, financiando o evento desde 10€.
O sistema establece distintas modalidades de financiamento: con achegas a partires de 10€ poderás lucir a chapiña de colaborador e gozar de 2€ de desconto en cada un dos concertos. A partires de 50€ poderás obter unha acreditación especial que te permitirá acceder de balde a todas as proxeccións, aos concertos e a todas as actividades que programe o festival.

O evento xa está programado entre o 21 e o 25 de maio e entre outras películas poderás ver Tralas luces.

A verdade é que se tes pensado acudir ao festival, xa deberías de estar facendo a achega.

Para acceder a facer un donativo accede á web do Play-Doc