Directores/as
Ollo de vidrio

Patricia Ferreira nomeada aos Premis Gaudi por Els nens salvatges

Estamos en datas de nominacións das Academias de cine, e onte a primeira en facer públicas as listas de finalistas foi a a Acadèmia del Cinema Català que desvelou os traballos que finalmente optarán aos seus Premis Gaudi .

Entre a longa lista queremos destacar a presenza da compañeira Patricia Ferreira, que opta aos premios a mellor película en lingua catalá e a mellor guión por Els Nens Salvatges.

A película está rodada maioritariamente en catalá, e conta as vivencias de Àlex, Gabi e Oki, tres adolescentes que viven nunha gran cidade. De como estes son uns descoñecidos para os seus pais, profesores, e incluso para eles mesmos. E plantexa que ocorrería se puidésemos saber que están pensando e soubesen o que queren facer.

Desexámoslle moita sorte a Patricia nesta fase final dos Premis Gaudí.
Toda a información e listado completo de nomeados nesta ligazón.