Directores/as
Ollo de vidrio

OUFF/EAVE Marterclasses 2009

OUFF, o Festival de Cine Internacional de Ourense, en asociación co Programa Europeo EAVE, presenta tódolos anos tres Masterclasses adicadas ás escolas de cine e aos profesionais do audiovisual galego e internacional.
As prazas están limitas a un máximo de 50 persoas, e a inscrición é de 30€. Os interesados deben dirixirse ao enderezo electrónico: documentacion@ouff.org
Este ano a programación resúmese do seguinte xeito:

Masterclass 1: Saltando da produción de curtas á longametraxe, a cargo de Jean des Forets
Centro Cultural da Deputación de Ourense, luns 12 outubro: 10:00 – 14:00 horas

Masterclass 2: Co-producindo en Europa, A cargo de Olimpia Pont Chaffer
Centro Cultural da Deputación de Ourense, martes 13 outubro: 10:00 – 14:00 horas

Masterclass 3: Desenvolvemento de produción documental, a cargo de Lise Lense Müller
Centro Cultural da Deputación de Ourense, mercores 14 outubro: 10:00 – 14:00 horas

Ademáis distas masterclasses o xoves 15 está programada a sesión especial titulada Os fondos rexionais de axuda á produción audiovisual en Europa, a cargo de Gabriele Röthemeyer, responsable do Fondo Audiovisual de MFG Filmförderung Baden-Württemberg en Alemaña.

Máis información sobre os poñentes, e resto da programación en: http://www.ouff.org/index.php/content/view/2141/237/lang,galician/

Interacciones del lector

Deixa unha resposta