![]() | Vigo vai acoller ao longo destas vacacións de Nadal un programa de obradoiros de cinema para os máis pequenos Nadal de Cine. A iniciativa vén da man da Asociación Vigo Film Commission e levarase a cabo no IES Audiovisual de Vigo entre o 23 de decembro e o 5 de xaneiro en sesión de mañá, de 9.00 a 13.30 horas. A proposta, vai dirixida sobre todo ás cativas e cativos de entre 4 e 12 anos. O obxectivo básico é achegar a cultura audiovisual aos máis pequenos a través duns obradoiros de cine eminentemente prácticos. Entre outros temas, abordarase cos nenos, a imaxe, a luz, o son, a cámara, montaxe, ou como se realiza unha película. O programa completo, obxectivos, etc están na web da Vigo Film Comission. O número de prazas é limitado polo que aquelas persoas que estean interesadas en inscribir a algún neno deben facelo a través da dirección de correo electrónico nadaldecine@vigofilmcommission.es indicando os datos do rapaz (nome idade, nome do pai e DNI e tlf. de contácto). O prazo remata o vindeiro venres 18! |
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.