Directores/as
Ollo de vidrio

Obradoiro de introdución ao guión de curtas no Macuf

O Macuf da Coruña organiza un obradoiro de iniciación ao guión cinamatográfico para curtametraxes.
Está dirixido a todos aqueles que desexen iniciarse na escritura de guión de cinema.
O obxectivo deste obradoiro é o de mostrar a técnica de escritura e análise de guión, introducindo ao alumno na construción de personaxes, a elección da estrutura adecuada a cada historia e das estratexias dramáticas, así como a elaboración de diálogos naturais.

O obradoro terá lugar catro sesións de tres horas cada unha:
sábados 11 e 18 de febreiro e 3 e 10 de marzo de 2012, de 11.00 a 14.00 horas.

O obradoiro será impartido por Erica Esmorís.

A matrícula ten un prezo de 80€, e as prazas están limitadas a 20 por edición.

Toda a información na web do Macuf.