Directores/as
Ollo de vidrio

OBRADOIRO DE PLANIFICACIÓN DE RODAXE CON CREA, NO FIC BUEU

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se celebrará do 10 ao 19 de setembro deste ano, presenta no seu programa unha nova actividade de caracter formativo co obxectivo de promover a creación en formato curtametraxe. Desenvolverase o Obradoiro de planificación de rodaxe con CREA, unha actividade presencial e aberta aos novos creadores e creadoras audiovisuais, onde dúas persoas pertencentes a CREA valorarán, estudarán e titorizarán catro proxectos de curtametraxe en fase de desenvolvemento, previamente seleccionados polo persoal da Asociación FICBUEU.

O obxectivo é a realización dun análise dos proxectos e posterior asesoramento, que poida axudar aos seus autores ou autoras a enfrontarse o mellor posible á rodaxe do filme.

A convocatoria queda aberta ata o 30 de xuño, e as inscricións deberán realizarse a través de producion1@ficbueu.com

As bases estarán dispoñibles en www.ficbueu.com

De todos os proxectos inscritos seleccionaranse catro que acudirán á celebración desta xornada en colaboración con CREA o sábado 12 de setembro en horario de tarde.