Directores/as
Ollo de vidrio

O noso socio Javi Camino protagoniza unha nova sesión da Vía Cinema

O Centro Social e de Intervención Artística, Casa Tomada (na Coruña), iniciuo o pasado mes de outubro a súa Vía Cinema, un espazo de programación cinematográfica de periodicidade mensual no que se poderán ver unha ampla variedade de títulos.
Tras unha primeira sesión adicada ás curtametraxes nas que participaron varios socios de CREA como Sonia Méndez, Xacio Baño ou Marcos Nine, chega a sesión de novembro que terá como protagonista ó noso socio Javi Camino, realizador de máis de 20 videoclips, da webserie “El viudo quiere mimos”, da serie da TVG “Casa Manola”, varias curtametraxes, e do filme que programará A Casa Tomada: “Maldito Bastardo”.

As roxección terá lugar o xoves 20 de novembro ás 21.30h