Directores/as
Ollo de vidrio

O Instituto Cervantes presenta: Mundo aparte. Nuevo videoclip español

O videoclip español vive un rexurdir, propiciado polo esforzo de pequenas produtoras como Common Films, Nanouk Films, Lles Nouveaux Auteurs ou Estruendo Filmmakers, que dende a independencia ofrecen pezas innovadoras e de calidade que beben da arte contemporánea e experimental.
O Instituto Cervantes presenta este xoves 17 en Madrid, un ciclo que en tres sesións, pretende presentar nas sedes que ten en todo o mundo, o estado actual do vídeo musical Español
O ciclo, componse dunha veintena de pezas audiovisuais, escollidas entre a produción máis recente do vídeo musical experimental español, na que destacan novos realizadores e artistas plásticos, autores dalgúns vídeos emblemáticos.
Na presentación contarán con Susana Blas, comisaria do ciclo; Óscar Romagosa, produtor de Nanouk Films, e o realizador Luís Cerveró.
Mundo aparte, conta con presencia de produción galega, en concreto co videoclip Bailando de Astrud, dirixido por Juan Lesta e Belén Montero.

O ciclo comenzará a súa andadura internacional, na sede de Dublín en Irlanda o próximo día 25 de outubro.
Maís información na web do instituto cervantes : Mundo a aparte

Interacciones del lector

Deixa unha resposta