![]() | A Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información é o encontro anual que organiza o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia co obxectivo de fomentar os lazos de cofraternización entre os profesionais das telecomunicacións e de ser o marco para homenaxear a aquelas persoas que teñan destacado no labor de desenvolvemento, implantación e promoción das TIC dende ámbitos diversos de actividade e a aqueles que dentro do colectivo destacan polos seus méritos no desenvolvemento das telecomunicacións dentro de Galicia. Este ano a Noite, xirará entorno ao tema A TELEVISIÓN DIXITAL: un avance tecnolóxico e social. A XIV edición que terá lugar o 20 de novembro na A Illa da Toxa. Se estás interesado en asistir debes cubrir o boletín de inscrición e remitilo por fax ao número: 981 55 30 36, ou por correo electrónico ao enderezo info@rpgalicia.es Programa completo do acto (PDF, 127 KB) Máis información na web do Colexio |
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.