Directores/as
Ollo de vidrio

“Mulleres no foco” fronte a fenda de xénero no cinema

A Deputación de Pontevedra xunto coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) organizaban neste 2021 a primeira edición dos Premios Mulleres no Foco, unha iniciativa que pretende poñer en valor o traballo das mulleres cineastas no sector, onde segue a existir unha fonda brecha de desigualdade.

Margarita Ledo e as asociadas Noemi Chantada e Sonia Méndez foron as primeiras gañadoras destes premios, de entre un total de 14 nomeadas entre as que destacan outras socias de CREA, coma Paula Cons, Lucía Estévez, Anxos Fazáns, Manane Rodríguez e Olga Osorio.

Amais das tres galardoadas, foron recoñecidas Araceli Gonda (guionista), Belén Montero (técnica, editora, montadora e guionista); Eire García (guionista e directora); Lucía Estévez (directora); María Isabel Martínez (produtora); Manane Rodríguez  (produtora, directora e guionista); María Moldes (fotógrafa); Paula Cons (produtora, directora e guionista); Pilar Comesaña (guionista) e Teresa Fernández-Valdés (produtora). Tamén estaba nomeada a título póstumo Micaela Sinde Stompel, produtora, actriz e docente, falecida no 2019. A súa candidatura quixo recoñecer a toda unha xeración de mulleres profesionais do sector.

Ao evento acudiron non so mulleres do panorama cinematográfico galego senon tamén festivais cinematográficos, colectivos do audiovisual, xestión cultural ou cineclubs galegos, representantes de colectivos que traballan a prol da igualdade, do sector empresarial e social, alcaldesas e alcaldes da provincia, deputadas e deputados provinciais, así como do Parlamento galego e do Congreso, e dirixentes dos Consulados estranxeiros en Vigo.

Información extraída da web da Deputación de Pontevedra