Directores/as
Ollo de vidrio

Mostra de ciencia e cinema, previo da sección oficial na web.

O pasado mes de maio falábavos da segunda edición da Mostra de Ciencia e Cinema que ía ter lugar na Coruña entre o 26 e o 31 de outubro. Unha mostra que presenta interesantísimas proxeccións e actividades o redor do audiovisual científico.
A data achégase, e na mostra están xa a quentar motores.
Dende finais de xullo, na web da mostra presentan periodicamente adiantos e sinopses dos traballos seleccionados para formar parte da súa sección oficial.
A calidade coma o ano pasado é realmente alta, e calquera afeccionado á ciencia ou ao audiovisual de temática científica non deberá perderse esta mostra, que non abarca únicamente formato documental, senón que tamén acolle pezas experimentais e outros formatos audiovisuais.

Para abrir boca, vos propoño dúas pezas seleccionadas:
Addicted to Plastic (Ian Connacher, 2008) [Web oficial] un interesante traballo sobre a presencia do plástico nas nosas vidas, unha viaxe na procura do que realmente sabemos sobre un material multiusos que nos descobre ademais o legado tóxico dos plásticos e os homes e mulleres encargados da súa limpeza e reciclaxe.

Para rematar, Calling E.T. (Prosper de Roos, 2008) [Web oficial], documental sobre un grupo de persoas que se preparan para o inimaxinábel: que acontecería se os cidadáns da Terra entrasen en contacto cunha intelixencia extraterrestre?

Recomendo non deixar de visitar a web da mostra, para ver o resto das películas seleccionadas. http://cienciaecinema.org

Interacciones del lector

Deixa unha resposta