Directores/as
Ollo de vidrio

Xisela Franco

Cineasta con ampla traxectoria no documental e cinema experimental. Licenciada en Comunicación Audiovisual e posteriormente Filosofía na UEM de Madrid. Alí funda Epojé Films e realiza documentais para TVE o Canal Historia, ao tempo que películas con vocación artística. Con “Aadat” (2004, codirixida con Noé Rodríguez) recibe o “Premio Ciudad de Madrid al Mejor Documental Español” (Festival Documenta Madrid), o Premio a Mejor Obra de Videoarte (Festival Vitoria Gasteiz), ou a Mención de Honor FISÁHARA outorgada polo Pobo Saharaui. Entre 2006 a 2010 trasládase a Canadá, becada pola Fundacion Caixa Galicia e cursa un MFA en York University, supervisando a súa tesina o cineasta da vanguardia Phil Hoffman. Alí imparte a materia Film Art becada co teórico John MCullough.

Regresa a Galicia e dirixe a serie de documentais As Raíces da Industria Galega (TVG). Continúa con traballos nesa liña histórica, social ou feminista que combina cunha faceta autoral. En 2015 gaña a Bolsa ARTISTAS 2015 Marco de Vigo e realiza a exposición "Interior, exterior, durante", un filme tríptico de oito horas sobre maternidade-creación. En 2016 dirixe Cinema e Muller, con Beli Martínex como productora, financiado pola Deputación de Pontevedra, para visibilizar o cinema feito por mulleres en Galicia.

O seu traballo foi seleccionado en festivais como Dok Leipzig, European ShortFilm Biennale, Montreal Underground Film Festival, Intermediaciones de Medellín, Festival Internacional de Curitiva, S8, MICE, Playdoc, así como recibe premios en Curtocircuito ou Cinemística. Ten exposto na Fundacion Luis Seoane, Galería Atlántica, Museo da Cidade da Cultura, Auditorio de Galicia, Museo Diputación de Lugo, Fundación ABanca, Casa das Artes...

É profesora asociada na Facultade de Belas Artes da UVigo. En 2020 comisaria para o MOCA (Museo Online de Cinema Autobiográfico) “Toronto, en primeira persoa”, ou para Playdoc “Cinema-Percorridos. Noite a deriva”. Actualmente remata o seu doutoramento sobre interseccións cinema-arte en Galicia.

 

Filmografía

Consello Municipal da Muller. 25 anos facendo camino. (2019)

José Pereira, su historia y el mar. (2018)

Interior, exterior, durante (2016)

Cruz Piñón (2015)

Santiago, olladas de perfil (2015)

Hyohakusha (Aimless Wanderer) (2014. Codirixida canda Ánxela Caramés)

Día 13 de julio y día 12 de agosto (2014)

SOS Comuneiros de Cabral (2013)

Vía Láctea (2013)

Aquarium Nostrum (2013)

As raíces (2012-2013) Serie 13 documentais para TVG.

Peixe (2012)

Camerún, al norte (2012)

Anima Urbis (2010)

Canadian Haikus. Series (2007-2010)

Madrid, Argüelles District (2007)

Figuras femeninas: De los años 20 a la posguerra española (2006, TVE e Canal Historia).

Sculpture (2006)

Aadat (2004)

Ponte en contacto
con Xisela Franco