Directores/as
Ollo de vidrio

Sonia Méndez

Sonia Méndez Alonso (Vigo, 1980) ten unha longa traxectoria no campo da interpretación, dirección e produción audiovisual. Formada en diversas escolas de interpretación, guión, dirección de intérpretes, construción dramática e realización: Espacio Aberto (Compostela), Centre de Estudis Cinematográfics (Barcelona), Interpretación e Arte Dramática (USC), Escuela Internacional de Cine y TV de CUBA (EICTV) e Escola de Imaxe e Son de A Coruña (EIS).

Dirixe, guioniza e produce as curtametraxes: Perversa Lola, Leo y Mario (se dejan), As Damas Negras, Conversa cunha muller morta, Café-Bar Santos Peluquería, Ei, Guapa, e a serie web Angélica y Roberta. Recentemente dirixe a serie Antes de Perder para PlayZ (RTVE). Tamén dirixe a gala dos premios Mestre Mateo 2019 e as pezas promocionais  "Viaxeiros do Futuro" para TVG.

Actúa en películas como Rafael de Xavier Bermúdez, Una mujer invisible de Gerardo Herrero o El sexo de los de los Ángeles de Xavier Villaverde e en series de televisión como Terras de Miranda, Os Atlánticos, Serramoura na TVG ou Cuéntame en TVE.

Dende 2014 idea e dirixe o festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, primeiro festival de contidos dixitais do estado.

No ano 2018 funda a productora Cósmica Producións xunto a Nati Juncal Portas. Na actualidade está en plena produción do documental "Luz Fandiño: a poeta analfabeta" e desenvolvendo a longametraxe de ficción "As Neves".

É membro da Asociación de Directores e Directoras de Galicia (CREA),  da Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), do Observatorio Audiovisual de Galicia e membro da directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Filmografía

Ver perfil en IMDB

Luz Fandiño: a poeta Analfabeta – documental (en produción)

As Neves – longametraxe de ficción (en desenvolvemento).

Viaxeiros do Futuro. 2019. Guión e dirección dos videos promocionais para a gala dos Mestre mateo 2019 e dirección e guión da gala.

Antes de Perder. 2018. Serie dixital para Playz-RTVE. Road movie.

Ei, guapa! 2016. Curtametraxe incluída na obra colectiva Visións (Cinema e Muller) promovido pola Deputación de Pontevedra.

Conversa cunha muller morta. 2012. Curtametraxe. Drama.

Café-Bar Santos Perruquería. 2015. Curtametraxe documental.

Angélica & Roberta. 2010-13 Serie para Internet. Comedia.

As damas negras. 2012 Curtametraxe. Drama.

Leo y Mario (se dejan) 2010. Curtametraxe. Drama.

Perversa Lola. 2008 Curtametraxe. Drama.

Ponte en contacto
con Sonia Méndez