Naceu en Cirimido (Italia) en 1977
No 2003, licenciouse con matrícula de honra en Ciencias da Comunicación na Universidade IULM de Milán, cunha tese titulada "Para unha xeografía do cine. A rexionalización do cine español: o caso de Galicia". Asistiu a cursos de teatro, música e fotografía.
En 2006 gañou o Premio Artivisive San Fedele (Milán, Italia), coa curtametraxe experimental "Il furto della zucca", gravado entre Suíza e Italia.
Dende o 2006 ata o 2010 traballou como programador, animador cultural e redactor de publicacións na Fundación Cultural San Fedele de Milán.
Docente e coordinador de ciclos de cine, xornalista publicista e critico audiovisual, colabora e colaborou con varios medios e institucións, entre outros, a revista de cine Duellanti, o Instituto Cervantes de Milán, o CGAI da Coruña, a Esap de Porto, a Universidade de Vigo e Onda Cero Ourense onde conduce o programa semanal dedicado ao cine Butaca Cero.
Formou parte do xurado na XV edición do Festival Internacional de cine de Ourense, na VIII Mostra Internacional de Escolas de Cinema de Porto e no 17th Avanca Film Festival.
Pelerinaxes é a súa última longametraxe. O filme gañou o Premio como Mellor Documental no 21º Avanca International Film Festival (Portugal), o Premio como Mellor Documental no Festival Internacional de Cinema Paisagens (Portugal). Ademáis a editorial Galaxia publicou no 2016 unha edición Dvd-libro do filme.
Ademais dos seus propios proxectos distribuíu o documental Frankenstein-04155 de Aitor Rei.
Dende o 2019 produce e conduce o programa Cinephilia para Telemiño.
Dende o 2010 vive en Ourense onde fundou a produtora e distribuidora Noveolas Producciones.
Filmografía
Ver perfil en IMDB2003 “Contrappunto: Gabriele Carpani, contrabbassista” – documental
2004 “Patmos (Apocalypsi)” – documental
2006 “Il furto della zucca” – curtametraxe
2007 “Retorno a San Andrés” – curtametraxe
2013 “9 ondas” – longametraxe
2014 “Coma ventos fuxidos” – Proxecto NIMBOS – curtamentraxe
2014 “Kuti Khanti” – curtametraxe
2015 “La sopresa” – proxexto e-Motional Training
2016 “Pelerinaxes” – longametraxe
2019 “A chamada” – curtametraxe
2019 – actualidade “Cinephilia” programa TV Telemiño
“Escribir o imposible” – longametraxe documental en desenvolvemento
Ponte en contacto
con Simone Saibene
"*" indicates required fields





