Directores/as
Mediateca
Volve atrás

Santi Teijelo

Santi Teijelo

Santi Teijelo (Santiago de Compostela 1987) cursou os estudos superiores de Imaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Tras terminar a súa formación, comezou a traballar no sector audiovisual como director de fotografía, cámara e reporteiro gráfico. Dende 2019, céntrase na dirección levando a cabo proxectos tanto de ficción como documental, conseguindo diversos recoñecementos en festivais e concursos.

Actualmente estuda o Máster en Teoría e Práctica do Documental Creativo da Universitat Autònoma de Barcelona.

Filmografía

Dende que chegou a luz (2019), premio do público da 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego, seleccións: 42ª Semana de Cinema de Lugo e 9º Delhi Shorts International Film Festival.

Os Invisibles (2019), premio Mellor Curta Galicia Amateur na XX Mostra de Curtas Vila de Noia, ademais de ser seleccionado para outros certames relacionados coa inclusión social de persoas con discapacidade.

Filucha de Taramancos (2020), IV Premio Xohana Torres de Creación Audiovisual, selección oficial no V Festival Internacional de Curtametraxes Verín VIA XIV.

Plumas en el arcén (2020), seleccións: sección Galicia Intersección Comtemporary Audiovisual Art Festival, 48a Edición de CURTAS, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, VII Intermediacións Mostra de Vídeo Arte e Vídeo Experimental, SANFICI – Santander Festival Internacional de Cinema Independente e mención especial na categoría documental do 9 th Delhi Shorts International Film Festival.

Malgrat (2023), proxecto seleccionado para ser titorizado no INTERSECCIÓN LAB20. Premio do público da 18a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo do Pobo Galego. Seleccións: seccion Furacáns do XX Festival de Cans, sección GZ_00 do FICBUEU, sección A Raia do FIC Verín 2023, sección documental do OUFF en curto 2023.

Ponte en contacto
con Santi Teijelo

"*" indicates required fields

This field is for validation purposes and should be left unchanged.