Roi Cagiao
Roi Cagiao
Vigo, 1978.
Humorista gráfico e cineasta.
Creador da serie de tiras satíricas “Cousas de Galicia e do mundo” publicada entre 2004 e 2006 no semanario galego “A Nosa Terra” foi premiado en varias ocasións na Bienal da Caricatura de Ourense.
Tras realizar estudos de cinematografía na EGACI dirixiu as curtametraxes “Erich & Sebastian” (2007) e “Gran Curva” (2008).
Xunto a Fernando Llor codirixiu a longametraxe documental “O meu nome é Luís 'Ferreiro'” (2010) que aborda a loita antifranquista en Galicia e coa que participou no XOCIVIGA (2011), na II Mostra de Documental Alternativo Docutopía (2011) e no IX KO&Digital (Festival Internacional de Cine Solidario; 2012).
Dirixiu e guionizou a longametraxe documental "Vigo 1972", seleccionada en Cineuropa 2017 e finalista nos Premios Mestre Mateo na categoría Mellor Documental.
Na actualidade está a traballar no proxecto "Galicia 10 de marzo" sobre os feitos acontecidos na cidade de Ferrol nesa data.
Filmografía
“Erich & Sebastian” (2007) – Curtametraxe de ficción – Director.
“Gran Curva” (2008) – Curtametraxe de ficción – Guionista e director.
“O meu nome é Luís ‘Ferreiro‘” (2010) – Longametraxe documental -Codirector e coguionista.
“Vigo 1972” (2017) – Longametraxe documental – Director e guionista.
Ponte en contacto
con Roi Cagiao
"*" indicates required fields


